lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

   
Neste día, este curso recordamos ao poeta galego de Santalla de Lóuzara (Samos) Fiz Vergara Vilariño, nado o   15 de abril de 1953 e  finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997. 
A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, e foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde a súa obra Orfo de ti en terra adentro (1976). 
 
O alumnado de 5º de Primaria realizou un mural adicado a este escritor, onde puxo en práctica as súas artes coa poesía.
Con palabras moi especiais da nosa lingua, como poden ser
 esperanza, amizade, curuxa, brétema, muiño e muiñeira, mulleres e outono,
 moi utilizadas na escrita na poesía de Fiz, o alumnado elaborou as súas propias poesías  e presentounas a modo de mural para que o resto do alumnado as poida gozar.
En breve volo ensinaremos.


Esperemos que se animen a facer un recital de poesía oral para algún grupo determinado da escola.

 
Animarvos a todos e todas a visitar esta bonita terra, Lóuzara. Calquera dos seus grandes ou pequenos pobos ensinaravos tanto, que vos axudará a medrar como persoas.
 
 
Estas son as fotos do muiño que inspirou ao noso escritor. 
Non podía ser doutra maneira,  vivindo en tan precioso lugar.
 
 
O Muiño que está ao lado da casa de Fiz Vergara. Se queredes escoitar o seu sonido debedes acercarvos alí.
Fiz Vergara Vilariño coa súa poesía acercanos á súa terra.  E nós dende a biblioteca animámosvos a gozar das súas palabras e das súas paisaxes. Algún día adicaráselle o día das letras galegas.