Neste día, este curso recordamos ao poeta galego de Santalla de Lóuzara (Samos) Fiz Vergara Vilariño, nado o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997.
A súa poesía tiña
inicialmente un marcado carácter social, e foi logo derivando cara
a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e
existencialista predomina desde a súa obra Orfo de ti en terra adentro
(1976).
O alumnado de 5º de Primaria realizou un mural adicado a este escritor, onde puxo en práctica as súas artes coa poesía.
Con palabras moi especiais da nosa lingua, como poden ser
esperanza, amizade, curuxa, brétema, muiño e muiñeira, mulleres e outono,
moi utilizadas na escrita na poesía de Fiz, o alumnado elaborou as súas propias poesías e presentounas a modo de mural para que o resto do alumnado as poida gozar.
En breve volo ensinaremos.
Esperemos que se animen a facer un recital de poesía oral para algún grupo determinado da escola.
Animarvos
a todos e todas a visitar esta bonita terra, Lóuzara. Calquera dos seus
grandes ou pequenos pobos ensinaravos tanto, que vos axudará a medrar
como persoas.
Estas son as fotos do muiño que inspirou ao noso escritor.
Non podía ser doutra maneira, vivindo en tan precioso lugar.
O Muiño que está ao lado da casa de Fiz Vergara. Se queredes escoitar o seu sonido debedes acercarvos alí.

Fiz Vergara Vilariño coa súa poesía acercanos á súa terra. E nós dende a biblioteca animámosvos a gozar das súas palabras e das súas paisaxes. Algún día adicaráselle o día das letras galegas.