martes, 17 de marzo de 2015

CONTOS ACUMULATIVOS

Os contos acumulativos son historias,xogos e cancións populares, que veñen da literatura tradicional oral, moi motivadores para os nenos e nenas de ata 6-7 anos, pois non perden o aspecto lúdico que tando lles gustan nestas idades.
As secuencias narrativas destes textos permiten desenvolver: a atención, a memoria, a comprensión e expresión oral, o aspecto lúdico, e iniciar o camiño cara atrás,pois cada obxecto ou personaxe é nomeado e á vez encadenado co anterior, ata chegar ao principio.
Son contos seriados, de estructura simple, onde hai unha primeira fórmula á que se van engadindo progresivamente outros elementos ata construír unha serie. Para saber mais pincha AQUÍ

RATILÍN QUERE QUE TODO O ALUMNADO COLABORE APORTANDO LIBROS QUE TEÑAN AS CARACTERÍSTICAS DOS CONTOS ACUMULATIVOS, TAMÉN INVENTANDO E CREANDO PROPIOS CONTOS...CON TODO FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA.